CIENCIAS

CIENCIAS

viernes, 2 de marzo de 2018

Sheyla Bermúdez. Semana de la prensa


Venres  9 de marzo
Hora: 11:00
Cursos: 5º e 6º de Primaria
Xornalista: Sheyla Bermúdez Lista.
Rematamos a semana cunha charla moi especial para todos os que formamos parte do Centro Artai, pois Sheyla foi alumna (ó igual que o seu irmán Esteban) do noso centro e e como ela mesmo dixo, dende que estaba en 6º de Primaria xa sabía o que quería facer, Xornalismo. Nacida en Carballo no ano 1996 pese a súa xuventude acumula experiencia e coñecemento sobre o mundo do xornalismo. Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela xa estivo como redactora en Riazor.org no ano 2016 e nos meses de verán do ano 2017 foi redactora en La Voz de Galicia, na delegación de Carballo. Na actualidade é redactora e locutora  na Radio Galega na que leva dende o mes de novembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario